AROA E JENNI CONVOCADAS COA SELECCIÓN GALEGA SUB19

Aroa e Jenni, xogadoras do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron convocadas para o segundo adrestramento Pre-selección Galega Sub19 que se celebrará o 26 de outubro ás 18 horas no Polideportivo Municipal de Boqueixón. As dúas xogadoras que están destacando neste inicio ligueiro co equipo de Preferente Autonómica xa foron convocadas para o primeiro adestramento.

Parabéns rapazas!!!