AROA E JENNI DE NOVO CONVOCADAS COA SELECCIÓN GALEGA SUB19
Aroa e Jenni, xogadoras do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron convocadas de novo para o terceiro adestramento da pre-selección Galega Sub19 que se celebrará o 9 de novembro ás 18 horas no Polideportivo Municipal de Boqueixón. As dúas xogadoras que seguen destacando neste inicio ligueiro co equipo de Preferente Autonómica acaban de conquistar tamén a III Copa Deputación de Lugo.
Parabéns rapazas!!!