AS XOGADORAS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. ENCARGADAS DE PRENDER A ILUMINACIÓN DE NADAL
As xogadoras do equipo feminino do GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. foron as encargadas de prender a iluminación de Nadal en Vilalba.
Despois de realizar un gran partido no que venceron ao F.C. Meigas por 3-1 e continuar na segunda posición na clasificación de Segunda División no estreo na categoría acudiron á chamada da alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco para facer o acendido das luces de Nadal na Praza da Constitución.
A alcaldesa eloxiou ao equipo feminino destacando o ascenso a Segunda División e por ser elixido polos lectores de “El Progreso” como mellor equipo do ano.
A capitana, Antía Leal agradeceu á alcaldesa que se acordaran do equipo feminino para realizar o acendido e que lles facía moita ilusión desexando finalmente un Bo Nadal.


























