CAMPIOAS DA III COPA DEPUTACIÓN
O equipo feminino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. proclamouse campión da III Copa Deputación de Lugo ao vencer por 3-0 ao Concello de Begonte F.S. na final celebrada no Pavillón José Mario González “O Chanto” de Sarria.
O equipo de Quini realizou un partido práctico e foi superior en todo momento a un rival que tivo na porteira á mellor xogadora evitando unha goleada. As goleadoras foron Aroa, Pasto e Antía e todo o plantel adicoulle o título a Xela que se lesionou no xeonllo e estará fora das pistas durante toda a tempada.
O equipo vilalbés chegou á final despois de derrotar á A.D.C. Lugo Sala por 3-0 e o pasado venres nas semifinais ao Ribeira F.S. Lieders por 1-3. Con este título o equipo feminino xa suma no palmarés da Copa Deputación de Lugo dous campionatos e un subcampionato nas tres edicións celebradas.