COMUNICADO OFICIAL URXENTE

O Vilalba F.S. ven de manter reunións cos partidos políticos da oposición en Vilalba para trasladarlles a súa situación deportiva e económica así como solicitarlles o seu apoio para que a axuda nominativa que recibe o clube por parte do Concello de Vilalba sexa acorde coa categoría de 2ª División B na que compite por primeira vez o primeiro equipo masculino, (tendo un compromiso do equipo de goberno de apoiar económicamente o ascenso histórico acadado), que levará o nome de Vilalba por España adiante e que se valore a traxectoria e o esforzo que está a facer para competir con tres equipos femininos e outros tantos masculinos a nivel autonómico e nacional.

De non verse incrementada a cuantía económica nos termos que se solicitaron, (a axuda recibida ata o de agora non cubre nin a cuarta parte dos desprazamentos), o clube lamentablemente terá que prescindir en breve dalgún dos equipos inscritos que xa empezaron a competición.

#vilalbaquerefutsal