CUARTOS DE FINAL DA XIX COPA GALICIA FEMININA · GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. – REYCO BURELA F.S.
Hoxe, mércores 21 de outubro ás 21:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba o Grupo Forma-t Vilalba F.S. recibirá ao Reyco Burela F.S. nos cuartos de final da XIX Copa Galicia Feminina de Fútbol Sala.
Agárdase un partido igualado, con moito ambiente nas gradas, no que o equipo de Kini tentará continuar co espectacular arranque de tempada que está a ter nas tres competicións nas que participa. O último precedente entre os dous equipos foi o partido de “Copa de S.M. La Reina” a principios desta tempada no que o equipo vilalbés venceu por 5-1, aínda que na tempada pasada o equipo da Mariña, que militaba en Primeira División, apeou ás vilalbesas tamén en cuartos de final da “Copa Galicia” por un resultado de 0-2.
As vilalbesas que chegan aos cuartos de final, por terceiro ano consecutivo, despois de vencer ao Valdetires Ferrol por 0-1 tentarán de colarse por primeira vez nas semifinais e seguir ilusionando a unha afición que a bo seguro encherá o Pavillón Municipal.
Fotografía ©WORLD SPORT JOURNAL


