CUARTOS DE FINAL DA XVIII COPA GALICIA- GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. – F.S.F. CASTRO BLOQUES CANDO

GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. – F.S.F. CASTRO BLOQUES CANDO

Mañá, martes 15 de outubro ás 21:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba o Grupo Forma-t Vilalba F.S. recibirá ao F.S.F. Castro Bloques Cando nos oitavos de final da XVIII Copa Galicia de Fútbol Sala.

Agárdase un partido un derbi comarcal con moito ambiente nas gradas e aínda que o equipo de Kini e Miguel está realizando un espectacular arranque de tempada no debut na Segunda División non parte como favorito ante un equipo que afronta a súa segunda tempada na Primeira División con xogadoras de moita calidade.

As vilalbesas que chegan aos cuartos de final despois de vencer ao Valdetires Ferrol F.S.F. por 2-1 tentarán de seguir ilusionando a unha afición que a bo seguro encherá o pavillón vilalbés.

@s soci@s poden recoller o carnet no Pavillón Municipal de Vilalba a partires das 20:00 horas o cal será obrigatorio presentar en todos os partidos da tempada.