CUARTOS DE FINAL DA XXXIII COPA GALICIA · GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. – PORTUS APOSTOLI NOIA F.S.
O martes 10 de decembro ás 21:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba o Grupo Forma-t Vilalba F.S. recibirá ao Portus Apostoli Noia F.S. nos oitavos de final da XXXIII Copa Galicia de Fútbol Sala masculina.
Aínda que o equipo do Portus Apostoli Noia F.S. está nunha complicada situación na competición ligueira é o claro favorito xa que é un equipo de Primeira División e hai dúas categorías de diferencia. Ademáis é o actual campión da competición.
Os vilalbeses chegan aos cuartos de final despois de vencer primeiro ao 5 Coruña F.S. por 3-4 e posteriormente a O Esteo F.S. por 1-5 e tentarán de seguir ilusionando a unha afición que a bo seguro encherá o municipal vilalbés.
Como en todos os partidos da tempada 24/25 será obrigatorio presentar o carné de soci@ na entrada.


























