CUARTOS DE FINAL DA XXXIV COPA GALICIA · GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. – BURELA F.S.

Mañá, martes 2 de decembro ás 21:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba o Grupo Forma-t Vilalba F.S. recibirá ao Burela F.S. nos cuartos de final da XXXIV Copa Galicia masculina de fútbol sala.

Agárdase un derbi provincial con moito ambiente nas gradas e aínda que o equipo de Muri leva tres victorias consecutivas na competición doméstica non parte como favorito ante un equipo de Segunda División que o ano pasado estaba na máxima categoría do fútbol sala nacional.

Os vilalbeses que chegan aos cuartos de final despois de vencer ao I.M. Galical Rábade F.S. por 1-5 e nos oitavos de final ao Ribeira F.S. por 1-2, tentarán de seguir ilusionando a unha afición que a bo seguro encherá o pavillón vilalbés.