ELVI” E “NOE PIRES”, PRIMEIRAS INCORPORACIÓNS NO FEMININO

O Vilalba F.S. unha vez renovado a casi todo o plantel da tempada pasada comezou coas primeiras incorporacións de cara a tempada 2023/2024.

A directiva aposta pola experiencia e calidade de dúas xogadoras que xa estiveron en categorías superiores e serán fundamentais nos esquemas de Quini.

A mariñana “Elvi” xogou no Cidade das Burgas, Burela F.S., A Fervenza F.S. e F.S.F. Castro. Destaca polo seu olfato goleador e a competitividade dentro da pista.

A xogadora de Monterroso “Noe Pires” que pasou polo Friol, Victoria, Deportivo en fútbol e Viaxes Amarelle, F.S.F. Castro entre outros no futsal, regresa ás pistas e aportará experiencia e calidade a un equipo que loitará por estar nos primeiros postos da clasificación.

Grazas por confiar no noso proxecto!!!

Benvidas á familia vilalbesa!!!