GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. MELLOR EQUIPO 2024 “XVIII PREMIOS EL PROGRESO AO DEPORTE LUCENSE”
O equipo feminino do GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. recibiu na Gala dos “XVIII Premios El Progreso ao Deporte Lucense” o galardón de mellor equipo do ano 2024.
A gran tempada realizada polo equipo vilalbés, con ascenso incluido a 2ª División RFEF, non pasou desapercibida para os lectores do diario “El Progreso” e con 1.456 votos acadou a victoria sobre outros catro grandes equipos como foron o ADC Lugo Sala (678 votos), Cidade de Lugo Fluvial de Triatlón (284 votos), Sarriana (160 votos) e Burela FSF (109 votos).
O galardón foi recibido polo presidente do clube Álvaro Fraga, o director deportivo e adestrador “Kini Martínez” e as capitanas Antía Leal e Paula Cortiñas de mans da conselleira delegada del “Grupo El Progreso” Blanca de Cora.
Na intervención, Álvaro Fraga felicitou ás xogadoras e corpo técnico, agradeceu o apoio de institucións, patrocinadores, colaboradores e soci@s, e reclamou máis repercusión nos medios para o fútbol sala feminino no que a provincia de Lugo é un referente a nivel nacional.
Os premios serviron para destacar a boa saúde do fútbol sala na provincia xa que o galardón de mellor deportista do ano recaeu no xogador do Portus Apostoli Noia F.S. Adrián Rodríguez Mosteirín “Pirata” que tamén levou o de mellor deportista na especialidade de fútbol sala no que a súa irmá Aroa, xogadora do Grupo Forma-t Vilalba F.S., tamén estaba nominada.































