“KINI” NOVO SELECCIONADOR GALEGO SUB-16
Joaquín Martínez Fernández, “KINI” é o novo seleccionador galego na categoría Sub-16 masculina.
As extraordinarias tempadas que leva facendo no Grupo Forma-t Vilalba F.S. tanto no feminino co ascenso a pasada tempada a Segunda División como no masculino co ascenso fai tres tempadas a Segunda División “B” e o gran traballo diario que leva facendo no clube non pasaron desapercibidos para os responsables da Real Federación Galega de Fútbol.
A pasada semana empezaron os adestramentos cos rapaces Sub-16 para preparar a fase clasificatoria do “Campionato de España de Seleccións Autonómicas” que terá lugar en Galicia do 21 ao 24 de novembro de 2024.
Parabéns e moita sorte!!!