“KINI” RENOVA NO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Joaquín Martínez Fernández “Kini” (Vigo, 1985) continuará no Grupo Forma-t Vilalba F.S. a vindeira tempada.
Inmersos no final de tempada co equipo masculino disputando a primeira eliminatoria do play off de ascenso a 2ª División e o equipo feminino rematando a competición na segunda categoría do fútbol sala nacional e clasificado nos postos que dan opción a xogar o play off de ascenso a 1ª División o Grupo Forma-t Vilalba F.S. renovou a “Kini” para que siga comandando o proxecto deportivo do clube.
Será pois a sétima tempada no clube no que colleitou os históricos ascensos a 2ª División “B” co equipo masculino e a 2ª División co equipo feminino e que nesta tempada podería acadar os play off de ascenso cos dous equipos. Ademáis a súa gran labor non pasou desapercibida para os dirixentes da Real Federación Galega de Fútbol que o nomearon adestrador da selección galega masculina sub-16 coa que disputou a fase final do campionato de España.
Gracias “Kini” por seguir apostando por Vilalba.


























