O CONCELLO DE VILALBA NON CUMPRE UNHA VEZ MÁIS CO VILALBA F.S.
O Vilalba F.S. recibiu contestación verbal por parte da alcaldesa que o Concello de Vilalba non se fará cargo dos gastos que o clube xa tivo que abonar pola suspensión do encontro de Segunda División “B” ante o C.D. Unión Arroyo (Valladolid) e do desprazamento dos árbitros no partido contra o Castro F.S.F. KWS Agricampo de Preferente Autonómica.
Compre lembrar que a suspensión dos encontros produciuse, por un problema alleo ao Vilalba F.S., como son as deficiencias na cuberta do Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba, instalación da que é titular o Concello de Vilalba, que coa choiva dos primeiros días do ano provocou que houbera goteiras na pista de xogo. Esta fin de semana tivo que suspenderse o encontro tamén de Segunda División “B” co Ganomagoga I.E.S. Coruxo F.S. por mor da condensación.
A Real Federación Española de Fútbol resolveu que os gastos de desprazamento e manutención do C.D. Unión Arroyo xunto cos gastos de arbitraxe correran a cargo do Vilalba F.S. sin prexuízo de que o club lle reclame o dano económico á Administración local instando a súa responsabilidade patrimonial.
A relación de gastos presentada fai dez días ao Concello de Vilalba, xa pagados tanto ao equipo vallisoletano, como á RFEF e a RFGF ascende a 1.790,70€ e desde a directiva do Vilalba F.S. lamentan esta decisión e agardan que o equipo de goberno rectifique e nos próximos días ingrese esa cantidade na conta do clube xa que foi un compromiso da alcaldesa e o concelleiro de deportes o día que sucederon os feitos. Ademáis desde o clube non entenden como non se deu parte ao seguro, si é que o hai, algo que sería moi grave de non existir.