O EQUIPO MASCULINO TAMÉN AVANZA NA COPA GALICIA
O equipo masculino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. venceu ao I.M. Galical Rábade F.S. por 1-5 no Pavillón Eduardo Villamarín de Rábade e clasificouse para a seguinte rolda da XXXIV Copa Galicia.
Nun partido serio o equipo de Muri venceu con comodidade a un rival de inferior categoría pero moi loitador. Marcaron para os vilalbeses Dani, Hugo, Antón en dúas ocasións e outro en propia porta.
Na seguinte rolda o equipo vilalbés recibirá ao Ribeira F.S. de Terceira División no Pavillón Municipal de Deportes de Lugo coa data aínda pendente de confirmación e o ganador estará nos cuartos de final.


























