O EQUIPO MASCULINO XOGA A COPA GALICIA

O martes 29 de setembro ás 21:15 horas o equipo masculino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. recibirá á S.D. Xove F.S. no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba na terceira rolda da XXXIV Copa Galicia.

O equipo de Miloso tentará de dar unha alegría aos seareiros vilalbeses despois das dúas derrotas na competición ligueira aínda que se tomará o encontro como un adestramento de cara ao importante partido da fin de semana ante o 5 Coruña F.S. e tamén para dar máis minutos aos menos habituais.

O equipo vilalbés chega a esta eliminatoria despois de eliminar ao I.M. Galical Rábade F.S. por 2-8 e o equipo da mariña lucense de facer o mesmo ante o Ribeira F.S. por 4-6.

O equipo gañador estará nos cuartos de final e recibirá como local a un dos seguintes rivais: Noia Portus Apostoli F.S., O Parrulo Ferrol F.S., Burela F.S. ou Exlabesa Leis Pontevedra F.S.