O filial feminino campión de Primeira Autonómica
O equipo filial feminino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. venceu ao Taboada Femenino por 7-0 e proclamouse Campión da Liga Primeira Autonómica (Lugo). O equipo adestrado por Ledín foi o gran dominador da categoría na que xogou 12 partidos vencendo en 11 ocasións e empatando soamente no primeiro partido da competición. Polo tanto remata a Liga sen coñecer a derrota dun rexistro de 59 goles a favor e soamente 10 en contra.
Na segunda tempada do filial feminino como xa o fixera o primeiro equipo na súa primeira tempada, logrou o título de campión e o ascenso a Preferente Autonómica aínda que esto último pasa porque o primeiro equipo ascenda a Segunda División ao non poder competir os dous equipos na mesma categoría. Con ascenso ou sin él este campionato ven a ser outro éxito máis do futbol sala feminino vilalbés que tantas alegrías está a dar aos siareiros vilalbeses.
A partir da vindeira semana o equipo comezará a disputar a Copa Federación de Lugo co propósito de facer un dobrete histórico.