O FILIAL FEMININO NA FINAL DA COPA FEDERACIÓN

O equipo filial feminino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. xogará o domingo ás 16:30 horas no Pavillón Municipal “Jonathan Paz Carro” de Guitiriz a final da Copa Federación de Primeira Autonómica ante o Concello de Begonte F.S.

O equipo adestrado por Ledín chegou á final despois de quedar primeiro clasificado na fase de grupos, de eliminar en cuartos de final ao Taboada F.S. por un tanteo global de 13-1 e nas semifinais ao Ribeira Lieders F.S. “B” por un global de 9-4.

De gañar acadarían un dobrete histórico xa que hai que recordar que o equipo acadou o título de campión de Liga. A mágoa é que non podan ascender ao estar o primeiro equipo na Preferente Autonómica e ao non acadar o ascenso á Segunda División non poden competir os dous equipos na mesma categoría.