O FORMA-t VILALBA F.S. DEBUTA NA 2ª DIVISIÓN

Esta fin de semana o equipo feminino do Grupo Forma-t Vilalba ten unha cita coa historia xa que disputará o primeiro partido dun equipo do clube na 2ª División Nacional.

O partido celebrarase o sábado ás 19 horas no Pavillón Municipal “Portus Amanus” de Sámano que pertenece á localidade cántabra de Castro Urdiales e o rival será o Save Family Mioño que xa coñece ben a categoría.

O Grupo Forma-t Vilalba F.S. mantén a casi totalidade da plantilla que ascendeu e además reforzouse coas incorporación de Lara Balseiro, Aroa Rodríguez, Marta Hermo, Ana Pérez, Alba López, Paula Baamonde e Paula Rodríguez.

O obxectivo do equipo será o de loitar para acadar a permanencia aínda que o reto antóxase complicado e disfrutar dun ano ilusionante na segunda categoría do fútbol sala nacional.