O GRUPO FORMA-t CLASIFICADO PARA O PLAY OFF DE ASCENSO E PARA A COPA DO REI
O equipo masculino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. de 2ª División B venceu 5-3 ao Sibuscascoche Ribeira F.S. no partido correspondente á penúltima xornada e adiantado por non dispoñer de instalación deportiva ao estar ocupada no fin de semana polo FIV. Nun partido dominado completamente polo equipo de Kini na primeira metade chegouse ao descanso cunha victoria cómoda gracias aos tantos de Antón, Simón e Ismael na que puideron anotar algún gol máis. Tras o paso polos vestuarios os vilalbeses acusaron a relaxación e o Ribeira F.S. achegouse perigosamente ao marcador cun 4-3 a falta de tres minutos para o final pero despois dun roubo de balón por parte de Adri, que xa anotara o cuarto gol, marcou a porta baleira e certificou unha merecida victoria local.
Pendentes do resultado entre o Stellae Leis Pontevedra F.S. e Caja Rural Atlético Benavente que se enfrentan nesta penúltima xornada o equipo de Kini sitúase na segunda posición e asegura a súa presenza nos play off de ascenso a 2ª Division RFEF por primeira vez na súa historia. A última xornada na que se decidirán os catro equipos do Grupo I que loitarán polo ascenso xogarase con horario unificado o sábado 3 de maio e os vilalbeses visitarán ao filial do Portus Apostoli Noia F.S. ás 18:00 horas no Pavillón “Agustín Mourís”.
O equipo de Kini ao quedar matemáticamente entre os catro primeiros clasificados da 2ª División RFEF certifica a súa presenza por primeira vez na súa historia na Copa do Rei para a tempada 25/26.


























