O GRUPO FORMA-T VILALBA F.S. CAE NOS CUARTOS DE FINAL DA XVIII COPA GALICIA

O Grupo Forma-t Vilalba F.S. perdeu 0-2 ante o F.S.F. Castro Bloques Cando no partido de cuartos de final da XVIII Copa Galicia de Fútbol Sala celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba cunha gran afluencia de espectadores como se prevía e no que as dúas aficións tiveron un comportamento exemplar.

O equipo de Kini e Miloso realizou un gran partido e as visitantes tiveron que esforzarse ao máximo para pasar a eliminatoria. Os comezos de partido foron ilusionantes e pese a encaixar o primeiro gol mediada a primeira parte o equipo non se veu abaixo. A clave puido estar no segundo gol visitante acadado nos últimos segundos antes do descanso. Aínda así, no segundo acto, as vilalbesas intentaron reducir diferencias no marcador incluso xogando de cinco para catro pero a boa defensa e experiencia do equipo de primeira división impediu a sorpresa.

O esforzo das xogadoras vilalbesas foi recoñecido pola bancada cunha gran ovación ao final do encontro.