O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. CAEU NA SEMIFINAL DA XX COPA GALICIA FEMININA
O Grupo Forma-t Vilalba F.S. perdeu co F.S.F. Castro Bloques Cando por 1-4 e quedou apeado na semifinal da XX Copa Galicia Feminina de Fútbol Sala polo actual campión do torneo.
O equipo de Kini non puido dar a sorpresa ante o segundo clasificado da Primeira División que fixo valer a condición de favorito para vencer claramente aínda que as vilalbesas nunca lle perderon a cara ao partido demostrando que son un equipo moi competitivo da segunda categoría do futsal nacional. O único gol das vilalbesas marcouno a capitana Antía Leal.
As vilalbesas despois de quedar eliminadas nos dezaseiavos de final da Copa de S.M. La Reina e nas semifinais da XX Copa Galicia centraranse na competición ligueira para continuar coa boa racha de victorias.


