O GRUPO FORMA-T VILALBA F.S. COMEZA A PRETEMPADA

Os dous equipos representativos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. comezan a pretempada.

O equipo masculino renovado ao completo afrontará con ilusión a súa primeira tempada na categoría de bronce do fútbol sala nacional coa única incorporación ata o de agora do xogador Dani Quintela, aínda que non está descartado algúnha outra fichaxe. Ademáis varios xogadores dos equipos filial e xuvenil estarán na dinámica do primeiro equipo. O primeiro compromiso será na Copa Galicia o día 3 ou 4 de setembro como visitante ante o gañador do partido entre os equipos Begonte F.S.e ADC Guitiriz.

No equipo feminino, tamén a gran maioría das xogadoras, despois de acadar o subcampionato de liga a pasada tempada, continuarán un ano máis na pelexa por quedar o máis arriba na clasificación e por qué non, seguir facendo historia cun ascenso a Segunda División. A elas sumaranse as novas incorporacións, Aroa, Ainara, Jenni máis as xogadoras que aínda están por chegar. Como no equipo masculino, as xogadoras do filial e xuvenil (creado para esta tempada) estarán na dinámica do primeiro equipo. O primeiro compromiso será na Copa Deputación de Lugo na primeira ou segunda semana de setembro.

As competicións ligueiras nas dúas categorías comezarán o 17 de setembro cos calendarios aínda por determinar.

MOITA SORTE!!!