O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. COMEZA GOLEANDO A DOMICILIO

O equipo masculino de 2ª División “B” comezou a competición cunha goleada a domicilio 2-8 na pista do C.D. Juventud del Círculo Católico da capital burgalesa. O equipo de Quini realizou unha magnífica primeira metade e ao descanso xa tiña o partido sentenciado cun marcador de 0-7 ao seu favor. Na segunda metade igualouse algo máis o encontro e os locais maquillaron o resultado. Marcaron para os vilalbeses, Adri (2) no seu debut na categoría coa elástica verde, Kevin Chis (2), Quintela, Simón, Dieguito e Antón.

A vindeira xornada recibirán o sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba ao F.S. Salamanca Dehesa Grande que probablemente será un equipo que como é habitual acabe nos postos altos da clasificación.

Peor sorte tivo o equipo filial masculino que cae una casa por 1-5 diante do Jogafán Ordes F.S. nun mal partido dos de Ismael. O gol dos vilalbeses marcouno Rus.