O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. CONQUISTA O I TORNEO TRIANGULAR FEMININO
O sábado 17 de agosto o Grupo Forma-t Vilalba F.S. conquistou o I Torneo Triangular Feminino de Fútbol Sala celebrado no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba ante o Burela F.S. “B” Pescados Rubén e o 5 Coruña F.S.
O torneo serviu de preparación para o que vai ser unha tempada histórica na 2ª División Nacional e aínda que se notou falta de rodaxe os siareiros disfrutaron dun gran espectáculo deportivo.
Os resultados do I Torneo Triangular Feminino foron os seguintes:
Grupo Forma-t Vilalba F.S. 4 – Burela F.S. “B” Pescados Rubén 2
Burela F.S. “B” Pescados Rubén 0 – 5 Coruña F.S. 2
5 Coruña F.S. 0 – Grupo Forma-t Vilalba F.S. 5
A directiva do Vilalba F.S. agradece o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Vilalba.