O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. ELIMINADO DA COPA DE S.M. LA REINA

O Grupo Forma-t Vilalba F.S. quedou eliminado nos dezaseisavos de final da “Copa de S.M. La Reina” de Fútbol Sala ao perder por 1-7 ante o Gaitero Rodiles F.S.F.

O equipo asturiano, de superior categoría, demostrou máis ritmo de xogo e decidiu a eliminatoria coas individualidades de Jane e Tainara con tres goles cada unha.

O equipo de Kini, que non mereceu un resultado tan abultado, xa pensa no partido de liga do vindeiro sábado contra o C.D.E. Muslera GSW ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba para tentar de conquerir a oitava victoria consecutiva.