O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. ENTRE AS OITO MELLORES

O Grupo Forma-t Vilalba F.S. venceu por 2-1 ao Valdetires Ferrol FSF no partido de oitavos de final da XVIII Copa Galicia disputado no Pavillón Municipal dos Deportes de Vilalba e xogará os cuartos de final da Copa Galicia.

As vilalbesas que debutaban nesta competición realizaron un gran partido e venceron con xustiza a un bo rival que leva tempo competindo na Segunda División e que partía como favorito. Os dous goles das vilalbesas marcounos Ana.

O partido de cuartos de final sen data aínda por confirmar será un derbi comarcal contra o FSF Castro Bloques Cando (Primeira División) de novo no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.

 

EMPARELLAMENTOS DE CUARTOS DE FINAL – XVIII COPA GALICIA

Viaxes Amarelle F.S. – Poio Pescamar F.S.

Ence Marín Futsal – Ourense CF SAD – Ontime-

Fútbol Club Meigas – Pescados Rubén Burela F.S.

Grupo Forma-t Vilalba F.S. – FSF Castro Bloques Cando