O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. ENTRE OS CATRO MELLORES DE GALICIA

O Grupo Forma-t Vilalba F.S. venceu claramente ao Reyco Burela F.S. por 4-0 no partido de cuartos de final da XIX Copa Galicia Feminina disputado onte no Pavillón Muicipal de Deportes de Vilalba e xa está entre os catro mellores da competición por primeira vez na historia do club.

A pesar de que o primeiro tempo foi algo máis igualado as vilalbesas pudieron levar unha renta máis amplia ao descanso ao que chegaron cun único gol a falta de dous segundos para rematar o primeiro tempo. No segundo acto as vilalbesas dominaron claramente e tiveron ocasións para golear ao equipo da Mariña que soamente co xogo de cinco inquietou un pouco a portería defendida por Albita.

Marcaron Myrielen, Marta Hermo, Claudia Lobo e Silvia Rubal en propia porta.

O equipo de Kini agarda rival nunha das semifinais que se celebrará o 11 de novembro en Vilalba ante un equipo de Primeira División dos tres restantes que permanecen na competición copeira, F.S.F. Castro Bloques Cando, Poio Pescamar F.S. ou La Revoltosa Estrela Futsal.