O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. ENTRE OS OITO MELLORES
O Grupo Forma-t Vilalba F.S. venceu por 1-5 a O Esteo F.S. no partido de oitavos de final da XXXIII Copa Galicia disputado no Pavillón Municipal “A Fraga” e xogará os cuartos de final da Copa Galicia.
Os pupilos de Kini realizaron unha boa primeira parte e deixaron casi sentenciada a eliminatoria no descanso ao que xa se chegou co marcador final. A segunda parte foi un trámite e aínda que houbo ocasión para os dous equipos o marcador non se moveu. Marcaron para os vilalbeses Adri, Antón, Simón e Chis en dúas ocasións. A destacar o debut do porteiro xuvenil pontés Anxo coa elástica do Grupo Forma-t Vilalba F.S.
O partido de cuartos de final sen data nin rival por confirmar será no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.
Así pois o Grupo Forma-t Vilalba F.S. únese ao Pescados Rubén Burela F.S. como únicos equipos que teñen aos seus máximos representantes feminino e masculino entre os oito mellores equipos de Galicia.


























