O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. NA SELECCIÓN GALEGA SUB16

“Kini” Martínez como seleccionador, Iván Amado como axudante e Carlos Pacín como preparador físico forman o corpo técnico da selección galega sub-16 e representan ao Grupo Forma-t Vilalba F.S. na primeira fase do Campionato de España de seleccións autonómicas sub-16 masculino que se celebra do 20 ao 24 de novembro nas localidades de Burela e Viveiro.

Os rivais son Castela e León, Castela A Mancha, Navarra e Cataluña e clasifícanse para a fase final as dúas mellores seleccións.

Moita sorte á Selección Galega!!!

Tamén as xogadoras do Grupo Forma-t Vilalba F.S. Alba, Aroa e Paula, que compiten na Segunda División R.F.E.F., foron convocadas pola selección galega sub-19 para o segundo adestramento con vistas ao Campionato de España de seleccións autonómicas sub-19 feminino e tamén a xogadora infantil do Grupo Forma-t Vilalba F.S. Laura Varela foi convocada coa selección lucense sub-12 para un adestramento de preparación ao Campionato Galego de Seleccións.

Parabéns ás catro!!!