O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. NO CAMPIONATO DE ESPAÑA COA SELECCIÓN GALEGA SUB19 FEMININA
O Grupo Forma-t Vilalba F.S. estará moi ben representado na fase final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-19 feminino que se celebrará do 19 ao 23 de febreiro en Madrid.
Para o seleccionador do combinado galego, Jorge González Basanta, non pasou desapercibida a gran tempada que están a realizar as xogadoras do Grupo Forma-t Vilalba F.S. no debut na Segunda División RFEF e convocou a Albita, Aroa e Paula, sendo o clube que máis xogadoras aporta á Selección Galega.
O debut das galegas será o mércores ás 12:15 no Polideportivo Municipal de Torrelodones contra Melilla e o xoves ou venres á mesma hora e no mesmo escenario ante Castela A Mancha. A selección que acade o primeiro posto do grupo xogará as semifinais o sábado do Polideportivo Municipal de Guadarrama. A final celebrarase o domingo e terá como escenario o Polideportivo Municipal “Los Molinos”.
Parabéns ás tres!!!
Moita sorte á Selección Galega!!!


























