O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. PERDE CO FILIAL DO PARRULO FERROL

O equipo masculino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. perdeu o último partido como local ante o filial do Parrulo Ferrol por 2-4 no Pavillón Municipal “Jonathan Carro Paz” de Guitiriz. O partido celebrouse ao estar a instalación vilalbesa ocupado polo FIV e a RFEF non aceptar a solicitude de xogar nesta xornada como visitantes. A directiva do Vilalba F.S. quere agradecer ao Concello de Guitiriz, en especial ao seu técnico de deportes, Manuel Martínez por todas as facilidades dadas para que os adestramentos e o encontro se puidera celebrar nesa localidade.

O equipo adestrado por Quini que xa conseguiu a permanencia fai varias xornadas xogou sin a intensidade doutros partidos e non lle puido brindar unha victoria aos siareiros vilalbeses que se desprazaron a Guitiriz. Os dous goles dos vilalbeses marcounos Antón.

O partido serviu para que debutaran os xuvenís Amado e Brais na Segunda División “B” uníndose a Tini, Kevin, Íker, Johan, Javi e David Rey que xa o fixeron anteriormente. Nos prolegómenos do encontro os de Quini fixeron o “pasillo” ao equipo filial vilalbés polo histórico ascenso a Terceira División.

Para a vindeira semana os vilalbeses desprazaranse a Valladolid para xogar o derradeiro partido de liga ante o C.D. Unión Arroyo nun partido en que ningún dos dous equipos se xoga nada.