O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. PERDE EN ALBA DE TORMES

O equipo masculino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. que acadou a permanencia na xornada anterior perdeu na visita á pista do Piensos Durán Albense F.S. por 8-2 na loita polos postos que dan acceso á disputar o play off de ascenso a Segunda División.

O equipo adestrado por Quini que viaxou con numerosas baixas aguantou ata os últimos minutos aos que se chegou cun axustado 3-2. Finalmente, arriscando co xogo de cinco para catro encaixou unha derrota demasiado abultada. Os goleadores do equipo vilalbés foron Aitor de dobre penalti e Ismael.

Os vilalbeses que baixan á sexta posición reciben a vindeira xornada ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba ao C.D. Juventud del Círculo Católico da capital burgalesa ao que avantaxan en seis puntos e ocupa a oitava posición.