O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. SUBCAMPIÓN DE 2º DIVISIÓN RFEF
O equipo feminino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. venceu 0-2 ao Rayo Majadahonda, (con goles de Elvi e Pasto), no partido correspondente á derradeira xornada de liga e acadou o subcampionato de de 2ª División RFEF. A este derradeiro encontro as vilalbesas chegaban na terceira posición da táboa clasificatoria con opcións de quedar campioas aínda que sin depender de sí mesmas. Aproveitaron a derrota do ata de agora líder El Gaitero Rodiles F.S. pero o segundo clasificado o Bembrive F.S. fixo os deberes e acadou o campeonato cun punto de vantaxe sobre o Grupo Forma-t Vilalba F.S.
Espectacular tempada das rapazas adestradas por Kini e Miloso que na súa primeira aparición na categoría rematan en segunda posición con 64 puntos en 30 xornadas, cun balance de 20 victorias, 4 empates e 6 derrotas, marcando 118 goles a favor, (o sexto máis goleador), e 59 goles en contra (segundo equipo menos goleado).
Ademáis do premio de xogar a fase de ascenso á Primeira Iberdrola, para a vindeira tempada xogarán por primeira vez a Copa da Raíña.
O partido de ida da primeira eliminatoria da fase de ascenso a Primeira División será o vindeiro sábado na pista do Somriu F.S. Ripollet que quedou terceiro clasificado no grupo II. A volta unha semana despois no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.
Parabéns equipo!!!



























