O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. VENCEDOR DA PRIMEIRA ELIMINATORIA DO PLAY OFF DE ASCENSO A 2ª DIVISIÓN RFEF
O equipo masculino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. clasificouse para a segunda eliminatoria do play off de ascenso a Segunda División RFEF despois de empatar 2-2 na pista do Caja Rural Atlético Benavente F.S.
No Pavillón “La Rosaleda” ateigado de siareiros locais e de casi un cento de vilalbeses os pupilos de Kini manexaron ben os primeiros minutos do encontro con boas ocasións sabedores da renta de tres goles que tiñan do partido de ida. Todo transcurría con normalidade con ocasións para os dous equipos ata que mediado o primeiro acto o equipo local inauguraba o marcador e nos últimos segundos antes de irse ao descanso Adri tiña que abandoar o partido por lesión.
Na segunda metade o equipo local que tiña que marcar dous goles máis para igualar a eliminatoria dispuxo de boas ocasións ante os vilalbeses aínda que cargados de faltas defendían con uñas e dentes o resultado e trataban de manexar un marcador que lles era favorable. A falta de cinco minutos para o remate do partido Alonso nunha boa xogada individual acadaba o empate e poñía de cara a eliminatoria aínda que acto seguido o Benavente que seguía atacando con porteiro xogador volvía a poñerse por diante. Nos últimos segundos e co equipo local tamén cargado de faltas Alonso transformaba un dobre penalti e firmaba a igualada definitiva.
Aínda que o resultado final da eliminatoria foi 9-6 para o Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron dous partidos espectaculares, moi igualados, con dous dos mellores equipos da categoría e con dúas afeccións respetuosas entre elas.
Unha vez festexado o pase á seguinte eliminatoria cos siareiros desprazados a Benavente toca centrarse no partido de ida da segunda eliminatoria ante o Vulcanizados Ruíz Tafa F.S. que se disputará o sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.


























