O PIENSOS DURÁN ALBENSE F.S. – GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. FOI SUSPENDIDO
O partido do equipo masculino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. de Segunda División “B” contra o Piensos Durán Albense F.S. foi suspendido pola non presencia do equipo vilalbés no Pavillón Municipal de Alba de Tormes.
Despois de solicitar o aplazamento do encontro á RFEF alegando as adversas condicións metereolóxicas para a fin de semana, con restriccións á circulación por parte da Dirección Xeral de Tráfico que aconsellaba non realizar desprazamentos, o clube non obtivo resposta e polo tanto decidiu non poñer en risco as vidas dos xogadores, corpo técnico, conductor do autocar e demáis usuarios das vías polas que tiñan que circular, non viaxando.
A directiva nun exercicio de responsabilidade e sentido común tomou a decisión que creemos tiña que haber tomado a RFEF nos partidos dunha categoría que non é profesional, algo que sí fixo a RFGF para todos os partidos que se tiñan que disputar o sábado.
Presentadas as alegacións ao acta do encontro suspendido, o Vilalba F.S. agarda que impere a coherencia e o sentido común e se resolva fixando unha nova data para celebrar o encontro.


























