O TAD DALLE A RAZÓN AO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
O Tribunal Administrativo do Deporte (TAD) estimou o recurso interposto polo Grupo Forma-t Vilalba F.S. e anulou a sanción que lle impuxera a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) por non disputar o encontro correspondente á xornada 18 de Segunda División “B” frente ao Piensos Durán Albense F.S.
A ausencia do equipo vilalbés estivo motivada polas graves dificultades para realizar o desprazamento como consecuencia da borrasca “Ingrid”. O noso clube solicitou o aprazamento con antelación e mantivo comunicación coa Federación e coa empresa encargada do transporte, alegando que a viaxe non podía realizarse coas debidas garantías de seguridade.
Pese a todo, o Xuíz Disciplinario Único de Fútbol Sala da RFEF considerou que o noso equipo fixera unha incomparecencia inxustificada e sancionou ao Grupo Forma-t Vilalba F.S. coa derrota por 6-0, a deducción de tres puntos na clasificación e unha multa de 300 euros. Posteriormente, o Comité Nacional de Apelación confirmou íntegramente dita resolución.
Sin embargo, agora o TAD revocou ambas decisións ao concluir que non quedou acreditado que o noso clube actuara con dolo ou con notoria neglixencia, requisitos indispensables para sancionar unha incomparecencia conforme ao Código Disciplinario da RFEF. O Tribunal considera que o Grupo Forma-t Vilalba F.S. actuou con dilixencia, solicitou o aprazamento, informou en todo momento á RFEF e adoptou a súa decisión atendendo á información dispoñible nese momento, sin que poida xuzgarse a nosa conducta en base a feitos coñecidos posteriormente.
A resolución tamén reprocha á RFEF que mantivera pendente de decisión a solicitude de aprazamento ata poucas horas antes do inicio do partido, cando a marxe de tempo facía inviable a organización do desprazamento en condicións normais.
Como consecuencia, o TAD estimou íntegramente o recurso, deixando sen efecto a sanción e devolveu o expediente á RFEF para que adopte as medidas oportunas respeto á puntuación, clasificación e a organización da competición.
Desde a directiva queren agradecer a todas as persoas que apoiaron a decisión tomada polo clube de preservar a seguridade das persoas por enriba de calquera resultado deportivo. Tamén queren destacar e agradecer a labor fundamental neste proceso de Jacobo González López, avogado de Méndez & Murado, experto en Dereito Deportivo e clave na exposición de motivos do recurso presentado para que o TAD resolvera favorablemente.


























