O XUVENIL FEMININO COMEZA A COMPETICIÓN

O equipo xuvenil feminino do Grupo Forma-T Vilalba F.S., creado nesta tempada, comeza a competición ligueira.

Ante o incremento de rapazas con gañas de disfrutar do futsal a directiva apostou pola creación do equipo xuvenil que nos vindeiros anos poida nutrir aos dous equipos senior de máis xogadoras formadas no clube.

O sistema de competición da Liga Galega Xuvenil está formado por catro subgrupos con catro equipos e o formato é de liguilla a dobre volta. O equipo vilalbés que será adestrado por Nuno está encadrado no subgrupo B xunto ao Ribeira F.S. Lieders, Pescados Rubén Burela F.S. e o Cidade de As Burgas F.S.. A diferencia respeto de outras competicións é que as xornadas se celebran en diferentes sedes e dúas xornadas cada día, así o mércores 12 de outubro as nosas rapazas debutarán no Pavillón de Vista Alegre de Burela ás 16:00 horas ante o Ribeira F.S. Lieders e ás 19:00 horas ante o Cidade de As Burgas F.S.

Moita sorte e a disfrutar!!!