O XUVENIL MASCULINO QUEDA ÁS PORTAS DO ASCENSO
O equipo xuvenil masculino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. quedou ás portas do ascenso á Liga Galega despois de empatar a catro goles e perder a penaltis ante O Parrulo Ferrol “B” no partido que se celebrou no Pavillón Municipal “Jonathan Carro Paz” de Guitiriz con numerosos seareiros vilalbeses.
Comezou mal o equipo de Ledín que chegou ir con tres goles de desvantaxe pero reaccionou de maneira espectacular nos últimos minutos do partido para remontar co porteiro xogador. A falta dun minuto para o final o equipo ferrolán, tamén co porteiro xogador, igualou o encontro e na prórroga o marcador non se moveu. Na lotaría dos penaltis o filial de O Parrrulo Ferrol estivo máis atinado e deixa sen o premio do ascenso aos vilalbeses despois dunha gran tempada.


























