OBXECTIVO CUMPRIDO

O equipo masculino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. que milita na 2ª División “B” acadou matemáticamente a permanencia na categoría co triunfo colleitado o pasado sábado ante o Ganomagoga IES Coruxo F.S. por 4-1.

O equipo adestrado por Quini que realizou unha excelente primeira metade do campionato baixou algo o rendemento na segunda volta mermado polas lesións e sancións. Aínda así nas últimas cinco xornadas loitará por acadar o cuarto posto que da acceso a xogar a fase de ascenso a Segunda División e poder entrar para a vindeira tempada na primeira eliminatoria da Copa do Rei, competición que nunca disputou. Agora mesmo é quinto clasificado a 6 puntos do terceiro e cuarto, Unionistas de Salamanca F.S. e O Parrulo Ferrol F.S. “B”.

Unha vez acadada a permanencia deportivamente toca obter, dunha vez por todas, o apoio económico do Concello de Vilalba para que continúe un ano máis tendo un equipo na categoría de bronce do fútbol sala nacional, xa que a aportación aprobada para o ano 2023 ao clube (16.000€) é totalmente insuficiente.

#vilalbaquerefutsal