OITAVOS DE FINAL DA COPA GALICIA · S.D. XOVE F.S. – GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
O vindeiro martes 10 de xaneiro ás 20:45 horas no Polideportivo Centro Cívico de Xove o Grupo Forma-t Vilalba F.S. visitará ao equipo local nos oitavos de final da Copa Galicia de Fútbol Sala.
Agárdase un partido intenso e emocionante xa que son dous vellos coñecidos da tempada pasada, (disputaron o play off de ascenso), que realizan un gran fútbol sala e que están nun gran momento nas súas respectivas competicións ligueiras.
Aínda que o equipo local milita na categoría inferior ten xogadores de superior categoría e na súa pista é un rival moi complicado polo que os de Quini terán que empregarse a fondo si queren seguir na competición copeira.
O equipo vilalbés chega a esta eliminatoria despois de quedar exento na primeira fase e de eliminar a O Korreo Guitiriz F.S. (3-6). Pola contra o S.D. Xove F.S. eliminou ao Praias de Barreiros C.D. (2-7) e ao Ribeira F.S. (3-0). O gañador da eliminatoria xa coñece rival en cuartos de final, será o Outeiro de Rei F.S.