PARTIDOS ADIADOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Soamente rematou un partido dos tres que se tiñan que disputar na primeira fin de semana do ano polos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. As deficiencias, sobre todo na cuberta, que ten desde fai moitos anos o Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba e que continúan sen ser arranxadas privaron da celebración de casi todo o encontro do equipo de Segunda División “B” ante o C.D. Unión Arroyo (Valladolid) na tarde do sábado e de todo o encontro do equipo filial ante o Castro F.S.F. KWS Agricampo na tarde do domingo. Agora haberá que agardar o que dictaminan os Comités de competición para saber cando se xogan os dous partidos. Desde a directiva lamentamos a situación de abandono da única instalación deportiva na que se poden disputar os encontros de fútbol sala, solicitamos que dunha vez por todas se arranxen as goteiras e aínda que sexa un problema alleo ao noso clube queremos pedir disculpas por todo o sucedido aos equipos do C.D. Unión Arroyo e do Castro F.S.F., aos colexiados, así como a todos os siareiros que foron a presenciar os dous encontros.

No meramente deportivo o equipo masculino de 2ª División B empezou mal o encontro e aos tres minutos perdía por dous goles. Antes da suspensión Antón reducía diferencias no marcador e falta de 07:17 minutos para rematar a primeira metade e vendo que as condicións da pista non eran as adecuadas pola auga que había nela os colexiados decidiron adiar o encontro.

Antes dese partido sí se puido celebrar o partido do equipo feminino de Preferente Autonómica que goleou ao filial do Viaxes Amarelle por 7-1 nun bo partido. Marcaron para o equipo vilalbés Aroa (2), Nerea, Carla, Jenni, Pasto e Paulita. O equipo de Quini recupera o terceiro posto na clasificación.