PLENO DE VICTORIAS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Catro victorias foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada xornada.

O equipo masculino de 2ª División B venceu 8-1 ao Ribeira F.S. no derbi provincial. Marcaron Keita (2), Quintela (2), Simón (2) e Antón (2). Con este resultado os de Quini están a un punto de acadar a permanencia matemáticamente. O vindeiro sábado ás 18:30 xogarán no Pavillón Municipal de Vilalba o partido aprazado pola condensación ante o Ganomagoga I.E.S. Coruxo F.S.

O equipo feminino de Preferente Autonómica gañou nos últimos segundos do partido á S.D. A Gaiola por 4-2. Marcaron Carla, Pasto, Aroa e Antía. As de Quini continúan no cuarto posto da clasificación. A vindeira xornada visitarán a pista do Ribeiro de Avia F.C.

O equipo masculino de Preferente Galicia gañou 7-5 ao Restaurante Galicia Agolada F.S. co regreso de Diego Fente como adestrador visitante. Marcaron Pelouro (3), Rus (2), Nuno e Miguelito. Os de Ismael continúan unha semana máis en postos de ascenso directo a Terceira División e na vindeira xornada terán unha complicada saída á pista de Os Meigallos F.S.

O xuvenil masculino remata a primeira volta da fase de permanencia cun pleno de victorias, esta vez ante o Concello de Begonte F.S. por 5-2. Marcaron David Rey (2), Lozano, Pablo Díaz e Mario. Os de Miloso suman tres puntos casi decisivos para manter a categoría.