PRIMEIRA VICTORIA DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. NA 2ª DIVISIÓN
O equipo feminino de Grupo Forma-t Vilalba F.S. que debutaba na 2ª División comezou a competición cunha gran victoria por 3-4 na pista do Save Family A.D. Mioño. O equipo de Quini e Miloso non puido empezar de mellor maneira o encontro xa que se adiantou aos 6 segundos de partido e mediada a primeira parte conseguiu o segundo gol. O equipo cántabro marcou antes do descanso ao que se chegou coa vantaxe mínima de 1-2. Na segunda metade as vilalbesas saíron fortes e marcaron dous goles máis que parecían sentenciar o encontro pero o equipo local con xogo de porteira xogadora fixo sufrir ao equipo vilalbés ata o final. Marcaron para as vilalbesas Hermo, Elvi, Aroa e Lara Balseiro.
A vindeira xornada recibirán o sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba ao Atlético Navalcarnero, equipo filial do subcampión de Liga da Primeira Iberdrola.
O equipo masculino de 2ª División “B” acadou outra goleada (7-2) ante o F.S. Salamanca Dehesa Grande nun bo partido e sumou a segunda victoria. Marcaron para os vilalbeses, Adri (4), Kevin Chis, Fari e Quintela.
A vindeira xornada visitarán o sábado ao C.D. Intersala Zamora – Euronics Caja Rural ás 18:30 horas no Pavillón Municipal da Diputación de Zamora.
O equipo filial masculino sumou a primeira victoria na pista do Troula Betanzos F.S. (5-6) despois dunha gran remontada. Marcaron para os vilalbeses Rus (4), Pellón e Nuno.