RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 03-04/05/2025
Catro victorias e tres derrotas foi o balance para os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na xornada disputada a pasada fin de semana.
O equipo masculino de 2ª División “B” venceu 2-3 ao Portus Apostoli Noia F.S. “B”. Marcaron para os vilalbeses Kevin Chis, Adri e Ismael. Os de Kini malia a victoria non pudieron subir ningún posto na derradeira xornada e rematan terceiros na clasificación a un punto do campión o Stellae Leis Pontevedra F.S. Xogarán a primeira eliminatoria do play off de ascenso a Segunda División contra o segundo clasificado, Caja Rural Atlético Benavente a ida en Vilalba e a volta en Benavente.
O filial masculino venceu 4-1 ao Fonsagrada F.S. Marcaron Amado, Rus, Javi e Johan. Os de Ismael remataron a competición na oitava posición. O derradeiro partido serviu de despedida de “Ledo”.
O filial feminino “B” venceu 0-5 a Os Meigallos F.S. na Copa Federación. Marcaron Carla (3), Marta e Xela. O feminino “C” tamén venceu 2-1 a A Lenda Castroverde F.S. con dous goles de Sandra.
O cadete feminino perdeu 9-3 ante o Enrique y Novás Marín Futsal nas semifinais de Liga. Marcaron Celtia, Sofía e Laura Varela para as vilalbesas. As de Nuno malia a derrota rematan unha excelente tempada na competición ligueira. Agora aínda lles queda a competición de Copa na que xa están en cuartos de final.
O cadete masculino perdeu 2-0 na pista do ADC Piringalla.
O infantil masculino perdeu 2-3 ao ADC Lugo Sala Roberto Martínez “C”. Marcaron Manu e Anxo para os vilalbeses.


























