RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 03-05 NOVEMBRO

Tres victorias e tres derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana.

O equipo de 2ª División B venceu 4-7 na pista do Rácing de Mieres. O equipo de Quini sentenciou na primeira parte, (ao descanso gañaba cómodamente por 2-6), e na segunda viviu de rendas. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Antón (2), Ismael, Fede, Simón, Aitor e Fariñas. O vindeiro sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba recibirá ao C.D. Unión Arroyo.

Na Preferente Galicia o equipo feminino venceu no derbi comarcal ao Concello de Begonte F.S. por 9-4. Marcaron Noe Pires (4), Antía (3) e Paulita (2). O equipo de Quini que continúa líder foi moi superior no primeiro tempo e na segunda parte relaxouse aínda que mantivo a vantaxe de antes do descanso.

O equipo de Terceira División encaixou un duro correctivo na pista do 5 Coruña F.S. e caeu por 9-1. Os de Ismael deron unha mala imaxe e romperon cunha racha positiva de catro xornadas sen perder. Marcou Johan para os vilalbeses.

O filial femenino goleou 7-0 á S.D. Castroverde. O equipo de Ledín foi moi superior e suma todos os partidos por victorias. Marcaron Miri (2), Andrea Rivas (2), Marta, Leire e Laura. O vindeiro domingo ás 19:00 horas no Pavillón de Vista Alegre terán unha complicada saída á pista do filial do Burela F.S. que tamén conta os seus partidos por victorias.

O equipo xuvenil masculino perdeu por 3-0 na visita ao Burela F.S. Os de Nuninho malia unha boa segunda parte non puideron puntuar.

O equipo xuvenil feminino caeu goleado na pista do potente Viaxes Amarelle por 11-0.