RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. (04/05 febreiro)
Unha victoria, dous empates e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada xornada.
O equipo masculino de 2ª División B empatou a dous goles na pista do Leis Pontevedra. Marcaron Fede e Quintela. Os de Quini encaixaron o empate a falta de 50 segundos e desperdiciaron a renta de dous goles que acadaran no primeiro tempo.
O equipo feminino de Preferente Autonómica empatou a tres goles na pista do Balona Linense F.S. Marcaron Antía, Carla e Aroa. As de Quini baixan á quinta posición.
O equipo masculino de Preferente Galicia perdeu por 7-2 diante do Peluquería Mixta Concello de Friol F.S. Marcaron Nuno e Johan. Os de Ismael encaixaron unha derrota demasiado abultada e truncan unha racha de 7 victorias consecutivas.
O xuvenil masculino venceu ao 5 Coruña F.S. B – Mera F.S. Marcaron David (2), Pablo Díaz, Lozano e Javi Regueiro. Os de Miloso lograron a segunda victoria consecutiva.