RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 07-08/10
Dúas victorias, dous empates e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana.
O equipo de 2ª División B venceu na casa ao Unionistas de Salamanca por 6-4. Nun gran partido o equipo de Quini superou a un dos mellores equipos da categoría. Colleron vantaxe no marcador e fóronse ata un 6-1 nos primeiros minutos da segunda parte. Reaccionou o equipo charro co porteiro xogador acadando tres goles que deron emoción ata o final do encontro. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Kevin Chis (3), Antón (2) e Ismael. O vindeiro sábado ás 20:00 horas os vilalbeses visitarán ao Sala Ourense no Pavillón dos Remedios.
Na Preferente Galicia o equipo feminino malia dispoñer de moitas ocasións non pasou do empate a tres goles ante o Balaídos C.F. As de Quini desperdiciaron un 3-1 nos derradeiros minutos de partido. Marcaron Noe Pires (2) e Carla.
O equipo de Terceira División competiu moi ben e sumou o primeiro punto na categoría na difícil pista do GRI Carballiño F.S. ao empatar a tres goles. Marcaron Johan, Rus e Javi Regueiro.
O filial femenino comezou a liga cunha goleada 13-1 ao Os Meigallos F.S. O equipo de Ledín mostrouse moi superior de inicio a fin. Marcaron Marta (3), Andrea Rivas (3), Antía (2), Ainara, Leire, Jenni, Laura e Naira.
O equipo xuvenil masculino colleitou outra derrota na casa por 3-7 ante o Redondela F.S. Maramar. Os de Nuninho non fixeron un bo partido e caeron ante un equipo mellor. Marcaron Pablo Díaz, Anxo e Noé.
O equipo femenino cadete que debutaba na Liga Galega perdeu por 1-13 ante o Viaxes Amarelle. As de Miloso non puideron facer nada ante un rival moi superior. O gol da honra marcouno Sofía.