RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 10-11 FEBREIRO
Catro victorias un empate e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana.
O equipo de 2ª División B empatou 5-5 na difícil pista do Unionistas de Salamanca F.S. Os de Quini que perdían no descanso por 4-1 e na segunda parte 5-2 non lle perderon a cara ao partido e acadaron o empate cun dobre penalti no derradeiro minuto. Marcaron para os vilalbeses Antón (2), Ismael, Fari e Quintela. O vindeiro sábado recibirán ao Sala Ourense ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.
Na Preferente Galicia o equipo feminino gañou 5-1 ao filial do Viaxes Amarelle F.S.F. Marcaron Antía, Nerea, Elvi, Carla e Marta. Con esta victoria as de Quini continúan no segundo posto da clasificación agardando un picazo do líder.
O equipo de Terceira División perdeu o domingo 0-3 ante o GRI Carballiño F.S. e o martes de entroido venceu por 5-2 ao Cidade de Narón no partido que fora adiado pola condensación no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba. Marcaron Rus (3) e Nuninho (2). Con esta victoria os de Ismael cortan unha racha negativa de resultados.
O equipo xuvenil masculino gañou 4-3 ao S.D.C. y R. Narón O Freixo Marcaron para os vilalbeses Javi (2), Gimeno e Pablo Díaz.
O equipo cadete feminino venceu na derradeira xornada de liga 3-5 ao ADC Lugo Sala Dental Arias. As goleadoras foron Laura Varela (4) e Candela. Con esta victoria as de Miloso rematan nun máis que meritorio quinto posto no que foi a primeira tempada.