RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 10-12 NOVEMBRO

Dúas victorias, un empate, unha derrota e dous partidos adiados foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana.

O partido do equipo de 2ª División B contra o C.D. Unión Arroyo foi adiado aos 4:56 minutos da primeira metade con resultado de 1-1 por mor da condensación na pista. O gol do Grupo Forma-t Vilalba F.S. marcouno Kevin Chis. A directiva quere agradecer ás empresas Grupo Forma-t, Ingama S.L. e Reciclados Jacinto a súa labor desinteresada que fixeron todo o posible para que o partido se celebrara e lamentablemente tivo que adiarse. O vindeiro sábado ás 18:00 horas visitará a difícil pista do Piensos Durán Albense F.S..

Na Preferente Galicia o equipo feminino cedeu o liderato tras o empate a un tanto ante o C.D. Composala. O gol das vilalbesas marcouno Noe Pires. O partido estivo marcado por unha acción na que o árbitro sinalou un dobre penalti a Elvi faltando un segundo para rematar o primeiro tempo e acabou sinalando o final, posteriormente deuse conta do erro e sinalou o dobre penalti que Paulita encargouse de materializar. Cando os equipos estaban nos vestiarios mandou regresar á pista a repetilo porque o árbitro asistente que estaba falando cun membro corpo técnico do equipo local non accionou o marcador. O dobre penalti repetiuse e nesta ocasión non entrou co que o resultado no descanso foi de empate sin goles. A directiva do Grupo Forma-t Vilalba F.S. xa presentou unha reclamación ante o Comité de Competición e Disciplina da RFGF polo erro cometido polos árbitros e que perxudicou gravemente ao equipo vilalbés no resultado final.

O equipo de Terceira División goleou 9-0 ao Baíña F.S. nun partido que se xogou no Municipal de Castro Riberas de Lea para que a pista do Pavillón Municipal de Vilalba estivera en condicións para o partido do primeiro equipo. Marcaron Johan (2), Hugo, Javi, Iker, Christian, David, Pelouro e Nuno. Agradecer ao equipo do Baíña F.S. o interés mostrado en disputar o encontro e ao Concello de Castro de Rei e ao seu equipo Castro F.S.F. por cedernos as instalacións.

O filial femenino venceu a domicilio na pista do filial do Burela F.S. por 2-3. Nun partido trepidante, no Pavillón de Vista Alegre ante unhas duascentas persoas, o equipo de Ledín xogou as súas bazas e no derradeiro minuto acadou unha importante victoria que o coloca como líder en solitario. Marcaron Anita (2) e Ainara.

O partido do equipo xuvenil masculino contra o Noia Portus Apóstoli F.S. tamén foi adiado por mor da condensación.

O equipo cadete feminino perdeu 8-1 ante o potente Pescados Rubén Burela F.S. O gol das vilalbesas marcouno Lucía Cendán.